grupo compoñentes
programas de concerto
concertos e datas
proxectos
contacta co grupo

 

Silva de Sons

Toma o seu nome do famoso libro para vihuela de Enrique de Valderrabano, Silva de Sirenas, “…en el cual se hallará toda diversidad de música…”. Xurde en Maio do ano 2007, do seo do Grupo de Música Antiga 1500, con motivo do encargo de música para a inauguración, na biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela, dunha exposición sobre libros do fondo antigo da Universidade do comediógrafo italiano Carlo Goldoni. Tendo unha base estable de tres músicos, o grupo prentede dar cabida a diferentes tipos e estilos de músicas, xa seña interpretada por estes compoñentes ou colaborando con outros músicos e artistas de toda índole de diferentes eidos e estilos.

cando?

Música para o documental O Mariscal

Está a punto de estrearse o documental "O Mariscal", sobre a vida de Pardo de Cela dirixido por Damian Varela, sobre a vida do líder irmandiño Pardo de Cela. O grupo 1500 puxo a música ao documental. A gravación se fixo na Igrexa de Santa Minia en Brión.

http://www.omariscal.com/

 

Os Menestreis de 1500

Dentro da filosofía de 1500 de recrear e difundir a música da época que lle da nome, xurde este primeiro fillo. E nace dunha colaboración solicitada polo coro Campus Stellae para acompañalos, con instrumentos de vento, nun programa para Espazos Sonoros 09. Corneta, sacabuches, chirimía, baixón e frautas, os típicos instrumentos das capelas catedralicias, reais e nobiliarias dos séculos XVI e XVII acompañarán pezas sacadas do arquivo da Catedral de Santiago.


Pase de diapositivas dunha actuación en Espazos Sonoros 2009

ir a Espazos Sonoros 09
ir á web do Coro Campus Stellae

PARA ESCOITAR
(extracto de actuacións en directo en Espazos Sonoros 09 co coro Campus Stellae)

Lamentacións de Xeremías: Ierusalem, Anónimo S.XVI da Catedral de Santiago

Magnificat de 1º ton: Gloria Patri-Sicut Erat, Francisco Guerrero

Ave Maris Stella: Himno Instrumental-Última estrofa. Antonio de Cabezón-Anónimo S.XVI da Catedral de Santiago

Himno Ave Maris Stella, Antonio de Cabezón