grupo compoñentes
programas de concerto
concertos e datas
proxectos
contacta co grupo
 

 

O GRUPO

 

OS MÚSICOS

foto grupo 1500 foto grupo 1500

O grupo 1500, dirixido por Andrés Díaz, é unha formación vocal e instrumental adicada á interpretación da música antiga. O seu repertorio abrangue dende a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media, ata a música do Renacemento e primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500 que da nome ao grupo.
Os e as e compoñentes de 1500 contan cunha ampla traxectoria concertística, sendo membros ou colaborando con outras formacións de ámbito nacional e internacional, e teñen ofrecido numerosos concertos en Galiza, España e no resto de Europa.
Na interpretación e elaboración dos diferentes programas, o grupo busca o máximo rigor histórico e conceptual, empregando, ademáis, un amplo repertorio de instrumentos medievais e renacentistas.
Ademáis da súa actividade concertística, o grupo de Música Antiga 1500 desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, dende a súa concepción e deseño, ata a súa execución: bandas sonoras para audiovisuais e teatro (1500 prestou a banda sonora para a curta Cadea Perpetua ou o documental O mariscal), concertos, guías e materiais didácticos para as diferentes etapas do ensino, recitais de poesía e música e concertos monográficos de temática específica para diversas conmemoracións.
Dende a súa creación, o grupo ten ofrecido un grande número de concertos nos máis diversos escenarios.


Cunha formación estable de seis músicos, o grupo leva a cabo todo tipo de proxectos musicais ampliando a súa
formación e instrumentario en función das necesidades
dos diferentes programas.

>>
MARÍA GIMÉNEZ (voz e percusión)

>>BELÉN BERMEJO(voz e organetto)

>>
JOSÉ IGNACIO CASTRO (sacabuche e frautas)

>>
VÍCTOR BLANCO (guitarra barroca, guitarra renacentista  e arpa)

>>
ROBERTO SANTAMARINA (fídula e violín barroco)

>>
ANDRÉS DÍAZ (frautas, chirimía, baixón, vihuela e guitarra renacentista)

Dirección: ANDRÉS DÍAZ

COLABORADORES HABITUAIS

>>ABRAHAM CUPEIRO (corneta, frautas e gaita)

>>ARQUÍMEDES ARTAL (viola da gamba e lirone)

PARA ESCOITAR (extracto de actuacións en directo) IR Ó CANAL EN YOUTUBE
 

foto grupo 1500

 
Falalalán, falalalera, Mateo Flecha?, s. XVI, C. Uppsala

The irish jigg, anónimo s.XVII

Ein scottish tanz, W. Brade, s. XVII

Qual é a santivigada, CSM, Afonso X, s. XIII