Outros proxectos do grupo

Ademáis da súa actividade concertística, o Grupo 1500 desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, desde a súa concepción e deseño até a súa execución como múisca para documentais, obradoiros didácticos e divulgativos da música antiga, elaboración de guías e materiais didácticos e colaboración con outras formacións no eido da música antiga.

 

Silva de sons

Este grupo, está composto por tres dos instrumentista de 1500 e toma o seu nome do famoso libro para vihuela de Enrique de Valderrabano, Silva de Sirenas, “…en el cual se hallará toda diversidad de música…”.

Xurde en Maio do ano 2007, do seo do Grupo de Música Antiga 1500, con motivo do encargo de música para a inauguración, na biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela, dunha exposición sobre libros do fondo antigo da Universidade do comediógrafo italiano Carlo Goldoni. Tendo unha base estable de tres músicos, o grupo prentede dar cabida a diferentes tipos e estilos de músicas, xa seña interpretada por estes compoñentes ou colaborando con outros músicos e artistas de toda índole de diferentes eidos e estilos.

O grupo actuou no festival Espazos Sonoros nun proxecto de música e danza no que colaboraron tamén os bailaríns Eva Narejos e Juan Jesús García, co título, A viaxe do vicerrei. Unha recreación musical da viaxe de Pedro Antonio Fernández de Castro e Andrade, X conde de Lemos, ao Perú. Obras de Ribayaz, Gaspar Sanz, Santiago de Murcia, Antonio de Santa Cruz e Martin i Coll.

 

Os menestreis de 1500

Dentro da filosofía de 1500 de recrear e difundir a música da época que lle da nome, xurde este primeiro fillo. E nace dunha colaboración solicitada polo coro Campus Stellae para acompañalos, con instrumentos de vento, nun programa para Espazos Sonoros 09. Corneta, sacabuches, chirimía, baixón e frautas, os típicos instrumentos das capelas catedralicias, reais e nobiliarias dos séculos XVI e XVII acompañarán pezas sacadas do arquivo da Catedral de Santiago.

 


Outras colaboracións e proxectos

380695_386823694739467_676498641_n.jpg


  • Obradoiro música antiga ao vivo

Taller de dibulgación e achegamento á música antiga destinado a todos os públicos no que se fai un percorrido por diferentes familiar de instrumentos antigos con amenas explicacións e intepretacións demostrativas, creando un ambiente agradable e distendido para a prender a dusfrutar máis e mellor da música.

  • Música para o documental O Mariscal

O grupo 1500 prestou a súa música para ambientar musicalmente o documental "O Mariscal", dirixido por Damian Varela, no que se afonda na vida do líder irmandiño Pardo de Celal. A gravación se fixo na Igrexa de Santa Minia en Brión.

 

  • Música para o documental cetreiros do século XXI

A música do grupo acompañou tamén a produción deste documental dirixido por Marcos Caruncho en 2008.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos