O grupo de Música Antiga 1500

Grupo_1500_4.jpg

O grupo 1500, dirixido por Andrés Díaz, é unha formación vocal e instrumental adicada á interpretación da música antiga. O seu repertorio abrangue dende a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media, até a música do Renacemento e primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500, que da nome ao grupo. Os e as e compoñentes de 1500 contan cunha ampla traxectoria concertística, sendo membros ou colaborando con outras formacións de ámbito nacional e internacional, e teñen ofrecido numerosos concertos en Galiza, España e no resto de Europa. Na interpretación e elaboración dos diferentes programas, o grupo busca o máximo rigor histórico e conceptual, empregando, ademáis, un amplo repertorio de instrumentos medievais e renacentistas. 

Ademáis da súa actividade concertística, o grupo de Música Antiga 1500 desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, dende a súa concepción e deseño, até a súa execución: bandas sonoras para audiovisuais e teatro (1500 prestou a banda sonora para a curta Cadea Perpetua ou os documentais O Mariscal e Cetreiros do Século XXI), concertos, guías e materiais didácticos e concertos monográficos de temática específica para diversas conmemoracións. 

Dende a súa creación, o grupo ten ofrecido numerosos concertos nos máis diversos ciclos e festivais como o Festival Espazos Sonoros edicións 2008 e 2012, a Festa da Istoria de Rivadabia, o Ciclo Músicas na Compañía da USC, o Ciclo de órgano de Xunqueira de Ambía, o Ciclo da Semana Santa de Foz, Ciclo da Semana Santa de Ourense, na Celebración do Centenario de San Rosendo, no Ciclo de concertos do Museo de Belas Artes da Coruña, no Festival Internacional de Músicas da Itinerancia de Compostela, Festa da Arribada en Baiona, o Ciclo de Música nas Ruínas de Pontevedra, no Ciclo Monumenta da Consellería de Cultura e innumerables escenarios de toda a xeografía galega. Recentemente o grupo actuou na basílica de San Pablo da cidade francesa de Narbonne.

Quenes somos?

Grupo_1500_6.jpg

Cunha formación estable de seis músicos, o grupo levaa cabo todo tipo de proxectos musicais ampliando a súa formación e instrumentario en función das necesidades dos diferentes programas.


MEMBROS E COLABORADORES


BELÉN BERMEJO (voz, percusión e organetto) 
ROBERTO SANTAMARINA (fídula e violín barroco)
ANDRÉS DÍAZ (frautas, chirimía, baixón, vihuela e cítola)
LORINA VALLASTER (frautas e voz)
DIANA BARONI (voz, frauta e percusións)
RAFAEL GUEL (guitarra barroca, voz, frautas e percusión)
MARCO AMBROSINI (nickleharpa e fídula)
PABLO RUIBAL (viola da gamba)
INÉS CARRIÓN (voz)
ABRAHAM CUPEIRO (corneta, frautas e gaita)
ARQUÍMEDES ARTAL (viola da gamba e lirone)
Dirección: ANDRÉS DÍAZ



 


 


2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos